
Comezamos unha semana especial: a
semana do libro. O
xoves día 23 de abril realizaremos varios actos no colexio para lembrar esta data. Neste ano adicaremos os mesmos ao
teatro. Primeiro o alumnado de Educación Infantil e máis tarde o alumnado de

Primaria pasarán pola
Biblioteca para realizar pequenas escenificacións, teatro lido, etc. Farase unha
exposición de libros de teatro e tamén haberá
actividades especiais organizadas polas mestras encargadas da Biblioteca.
O
mércores 22 recibiremos no colexio á
autora da obra teatral (Mamasiña, que medo!) que o alumnado do Obradoiro de Teatro vai representar no Festival das Letras Galegas:
Chus Pereiro. Estará cos nenos e nenas de
4º, 5º e 6º.
Felices lecturas para todas e todos!