12.6.09
NOVO SORTEO DO PORTÁTIL
No caso de que non apareza o agrazado/a no sorteo celebrado o día 2 de xuño, antes das 14 horas do día 17, farase un novo sorteo o xoves, día 18 ás 9:05 horas da mañá, na planta baixa do colexio. O sorteo será público.
8.6.09
OBRADOIRO DE ANIMACIÓN
Os días 4 e 5 de xuño, dous monitores (Jorge e Juan) do Consorcio Audiovisual de Galicia viñeron ao colexio para realizar un Obradoiro de Animación co alumnado de 4º, 5º e 6º. É unha das actividades que se realiza dentro do programa Audiovisual nas aulas, no que entrou este curso o colexio.
Entre todos/as fixeron unha parte dunha curtametraxe que se completará en colaboración cos outros centros participantes na experiencia. Esta película pretende fomentar a doazón de órganos.
Debuxaron os decorados en papel, pasáronos a cartoliña, recortáronos e fixeron a animación tomando imaxes e movendo pouco a pouco os personaxes.
É moi fácil!
2.6.09
SORTEO DO PORTÁTIL
16.5.09
NO DÍA DAS NOSAS LETRAS
Esta semana celebramos no Edificio Multiusos de Redondela os Festivais de Infantil e Primaria. Vimos as actuacións do alumnado preparadas polo profesorado e tamén unha mostra do bo facer das monitoras das actividades extraescolares.
Coñecimos tamén, a través das imaxes e textos elaborados polos maiores, un pouco da vida de Ramón Piñeiro, figura clave do galeguismo no século XX.
Precisamente na véspera da data que lembra dun xeito especial ao noso idioma milenario, achegamos aquí un enlace no que a Real Academia Galega, institución creada en 1906 baixo a presidencia de Manuel Murguía, home de Rosalía de Castro, analiza a actual conxuntura arredor da nosa lingua.
E tamén achegamos un vídeo do que a coñecida presentadora do programa da Galega "O país dos pequenos", Belén Regueira, comentou cando recibíu o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora do ano.
Que as dúas testemuñas nos permitan reflexionar sobre a importancia de coñecer a nosa lingua e moitas máis.
28.4.09
DÍA DO LIBRO



O pasado 23 de abril celebramos o día do Libro no colexio.
O día anterior visitaranos Chus Pereiro, que nos veu falar da súa obra ¡Mama- siña, que medo!
Esta obra vai ser represen- tada polos rapaces/as do obradoiro de teatro do colexio nos festivais das Letras Galegas dos días 15 e 16 de maio.
O día anterior visitaranos Chus Pereiro, que nos veu falar da súa obra ¡Mama- siña, que medo!
Esta obra vai ser represen- tada polos rapaces/as do obradoiro de teatro do colexio nos festivais das Letras Galegas dos días 15 e 16 de maio.
O día 23 fixemos dous actos adicados ao teatro. Neles os nenos e nenas fixeron pequenas representacións das cales vos ofrecemos varias imaxes.
20.4.09
A SEMANA DO LIBRO

Comezamos unha semana especial: a semana do libro. O xoves día 23 de abril realizaremos varios actos no colexio para lembrar esta data. Neste ano adicaremos os mesmos ao teatro. Primeiro o alumnado de Educación Infantil e máis tarde o alumnado de
Primaria pasarán pola Biblioteca para realizar pequenas escenificacións, teatro lido, etc. Farase unha exposición de libros de teatro e tamén haberá actividades especiais organizadas polas mestras encargadas da Biblioteca.O mércores 22 recibiremos no colexio á autora da obra teatral (Mamasiña, que medo!) que o alumnado do Obradoiro de Teatro vai representar no Festival das Letras Galegas: Chus Pereiro. Estará cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º.
Felices lecturas para todas e todos!
7.4.09
CAMPAMENTOS DA LANZADA 2009

A Deputación Provincial de Pontevedra convoca os Campamentos da Lanzada 2009 para nenos/as nados entre 1996 e 2001. As bases e follas de solicitude e inscrición aparecen na páxina da Deputación. Para máis información podédesvos dirixir ao Concello (servizos sociais) e ler atentamente as bases que aparecen na páxina web.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



