
Hoxe pola mañá entregamos o ordenador portátil a Iago Martínez, posuidor do boleto co número 1237. Entregámoslle o premio na planta baixa do colexio en presenza do neno que lla vendeu, Pablo de 6º. Noraboa.


Os días 4 e 5 de xuño, dous monitores (Jorge e Juan) do Consorcio Audiovisual de Galicia viñeron ao colexio para realizar un Obradoiro de Animación co alumnado de 4º, 5º e 6º. É unha das actividades que se realiza dentro do programa Audiovisual nas aulas, no que entrou este curso o colexio.
Entre todos/as fixeron unha parte dunha curtametraxe que se completará en colaboración cos outros centros participantes na experiencia. Esta película pretende fomentar a doazón de órganos.
Debuxaron os decorados en papel, pasáronos a cartoliña, recortáronos e fixeron a animación tomando imaxes e movendo pouco a pouco os personaxes.
É moi fácil!




Primaria pasarán pola Biblioteca para realizar pequenas escenificacións, teatro lido, etc. Farase unha exposición de libros de teatro e tamén haberá actividades especiais organizadas polas mestras encargadas da Biblioteca.

importantes de España, Latinoamérica e Marrocos é ARS VIRTUAL. Facendo clic en Mapa do Patrimonio ou no Patrimonio das distintas zonas accederemos a moitas visitas que nos farán aprender e coñecer moitas obras mestras da arte.



![]() |
| Fotos entroido 2009 |
ítese ás 21:15 horas o primeiro episodio de Galicia Salvaxe. Un programa para tomar conciencia do medio natural que temos máis próximo.


O programa Audiovisual nas aulas leva funcionando en Galicia dende o curso 2003-2004. Con carácter de experiencia pioneira no conxunto do estado español, e promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Secretaría Xeral de Comunicación, naceu o programa Audiovisual nas Aulas. Comezou coa finalidade de que os centros de ensino non universitario de Galicia puideran iniciarse e introducir no currículo escolar contidos relacionados co audiovisual, coa animación, coa televisión e novas tecnoloxías.








useo do Prado) e a visita virtual a varias cidades (mediante a capa Street View) fan que Google Earth sexa unha boa ferramenta de aprendizaxe para todos/as.


O amor é o tema que centra este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, no que Portugal será o país convidado.
Exposicións, conferencias, actividades concertadas, concertos e literatura, moita literatura enriquecen o programa desta X edición que amplía a súa duración do 1 de febreiro ao 15 de marzo. A escritora Fina Casalderrey será a autora homenaxeada este ano.
A súa visita é moi recomendable. Pódese consultar o programa completo de actividades na páxina web www.salondolibro.org
A Televisión de Galicia estreará na tarde do sábado 31 de xaneiro “BANDA CURTA”, un novo programa musical que terá como característica principal as actuacións de grupos en directo e ante público. O programa de unha hora de duración , comezará ás catro da tarde. “BANDA CURTA” nace con vocación de dar a coñecer o amplo panorama da música pop e rock en Galicia, os grupos emerxentes ou as bandas que usan da rede de locais de ensaio. Ademais de música en directo, en “BANDA CURTA” haberá reportaxes e entrevistas sobre todos os estilos musicais, as novidades do mercado ou a axenda de concertos.
O DOG de hoxe, 22 de xaneiro, publica a Orde da Consellería de Educación e O. U. do 12 de xaneiro de 2009 pola que se convocan, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, cursos preparatorios ás probas para acadar os certificados de lingua galega, Celga, nos niveis 1, 2 e 3 para o ano 2009, que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no ano 2009.
Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro e a segunda en outubro de 2009, en horario de mañá ou de tarde, segundo a dispoñibilidade de aulas. Terán unha duración de 60 horas lectivas e serán de balde.
Os cursos van dirixidos a todas as persoas maiores de dezaseis anos.
Solicitudes e prazos.
As solicitudes, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde, poderanse presentar na propia escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso a partir do día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso.
Para máis información poden consultar o DOG de hoxe ou dirixirse á secretaría do Colexio.

O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o Día escolar pola non violencia e a paz, no aniversario da morte de Gandhi. Coma sempre, no colexio faremos diversas actividades para lembrar a importancia que todas e todos temos para contribuir a facer un mundo máis xusto e solidario.
